“estártap”, a película, é o resultado dun proceso. Tras un ano de ano de investigación compartida, chegou a dixestión e a escaleta.
Co guión inicial podía ter sido doutro xeito, pero logo chegou o proceso participativo das persoas implicadas, que non só traballaron dentro dun proceso cinematográfico, senón que tinxiron dende a súa realidade os matices e elementos que querían introducir nunha ficción.