Desenvolvemento dunha historia de emprendemento
estartáp
Acerca de

Acerca de

estartap_tipo

As mellores historias..., ocorren no día a día

2020:

A pandemia aterroriza ao mundo, baleira as rúas e enche o aire de lamentacións. Pero a Txuso, sorprendido e farto de dar ánimos despois de décadas en cadeirade rodas, ocórreselle unha idea emprendedora…

Convence a Xoán, e conseguen montar unha ESTÁRTAP, cun éxito inmediato que lles leva a moitas contratacións para atender ás colas virtuais en espera de tratamento: “Isto vainos cambiar!”, “imos saír reforzados como sociedade!”…

Pero chega a Nova Normalidade e a xente tolea de festa en festa como se non houbera un mañá. Todo o mundo é feliz. Todo o mundo… menos os socios da empresa. E agora que?

Investigación

Exemplos reais e mecanismos do humor para a investigación para o argumento e o guión.

Contidos pedagóxicos

A potencia do audiovisual e do ocio como ferramentas para contar historias, emocionar, dar voz e educar.

A riqueza das redes

Documentamos a experiencia dos proxectos coa hibridación de metodo- loxías, cultura e arte.